CABE da vella ponte río amigo
anque te sigo Cabe no me emborco
i ó verte como entonces dixen dígo-
che cos ollos: Fremoso río sucio!

Cabe

Na noite o viño fai saber o que hai de certo.

Roberto M. Andradre

I el ei Roberto de Lemos
qué días que nós fixemos!

E ti ben o sabías
que en noites amañecías!

Lemos Roberto de Andrade


AMIGA do octavo lustro
entonces tan viva e certa
e hoxe letra dun poema
como un esquecido lema
ou á luz dun relustro
a imaxen ca que outro se desperta.

TODO o que eu amo é eternoo
como ti Terra o eres
coma as amadas mulleres
coma as neves
máis leves
do máis esquecido inverno.


PASAMOS como se pasa
de nós queda o que queda
non máis rastro co dun aza
polo aire en que se leva.

DO Courel a Lugo. De Lugo ó Courel.
De Santiago a Lugo ¿ía ou volvía?
De Santiago a Lestrove e volta a el
pola veiga llana de Rosalía.

Courel Lestrove Rosalía Lugo


ASTURCÓN dos outos
tuveches a máis xentil auriga e crina
ouro que nin o máis limpo outono
viran os soutos
nin a fiandeira da estriga máis fina.

VINDO do Santiago de Compostela
pro Courel proseguir o tempo de Ero
e Manuel para Lugo co pantalón faldón
que veu tralo de boca de cadela.

Rodeando pola Coruña Betanzos Monfero
e Vilalba con Manuel /O Cuadramón!
Mar ó Norde/ por camiño de Oviedo
para ver a Álvaro mesmo en Mondoñedo.

Entre penedos por chousas
levounos á ara antiga
e dalí ó Santuario.
Sin oración nin rosariosin
bico de crucifixocada
un pida tres cousase
que en silencio llas diga.

E fixen o que nos dixo.

Na tumba do Conde Santo
a mao debaixo lle poño.
Canto pedín houben tanto
a pura forza de soño.

1955

Betanzos Compostela A Coruña Courel Lugo Mondoñedo Monfero O Cuadramón Oviedo Vilalba Álvaro Manuel Conde Santo Santuario


DESPOIS de ir ós Caneiros
teimei en ir a Viveiro
e fun con outros romeiros
polo verso de Noriega:
Vas para monxa en Valdefloresi es bacante no Naseiro.
Soñando tamén se chega
e se tiveron amores.

Valdeflores Viveiro Noriega

IR á Pontedeume tomar a costrada
pela a pela emparedada.
Cruzar toda a Ponte
coma Roxín
co xabarín.
Rubir ó Pazo a torre do mar
i o Castelo a torre do monte.

Co Outono nos parrais
e viño novo en bancais:

Oir ondear como alentar
i a branca que trai
o mar que se vai…

Castelo de Andrade Pontedeume Pazo de Andrade