POLA Louseira i a Toca
por Valorqueira i o Castro
seguindo o antigo rastro
por onde o Norte emboca.

Ver a Casa do Señor
que desfigurada morre
a da eirexa por torre
a do dobre mirador.

E volta para o Cebreiro
á ermida que foi mosteiro.

Cebreiro Louseira Pacios do Señor Toca Valorqueira

DE cara a Triacastela
polo cimeiro vial
por Liñares i o Hospital.
E se a terra tremela
derregar para Louzarela.

E por Gondriz a Parada
por Padrocelos i a Pedra
rubir e ver como medra
ver do cimo a rodeada.

Gundriz Padrocelos Hospital Liñares Louzarela Parada Pedra Triacastela


IR a Santiago de Compostela
non sin antes por Lugo pasar
ou sin logo por Lugo tornar.
Ir co-ela A Elba
e vela como era leve azafrán
entre laranxa e cera.

Lugo Compostela

ANDAR a Muralla i a Praza Maior
cimo ó fondo do fondo ó cimo. Escoitar
nos ollos o oculto rumor
de tapados desmandes.
Ir a Catedral:
O Grialcontino! O labrado Coro!
E ver rezardiante dos Ollos Grandes.
E se hai tempo e fai bon
e se acai a estación
-bourear de estorniños-
o Mapa d-Auga o Estanque dos Ciños
o loro o pavo real do Parque modernista
e a vista dende o Mirador:
o río o val i a ponte o gris-Grandíono último monte.

Catedral Coro Grial Muralla Ollos Grandes Parque Praza Maior


Lucus Augusti

ROMANA i episcopal
a antiga capital
na rota nova daquela
tirada dende ou cara ela
cara Brácara i Emérita
sin pensar de ser pretérita.

Brácara Emérita LUCUS AUGUSTI

PARA Lugo polo Norte
de contra o Cántabro forte…

Lugo




AS citanias e vilares
os pobos abandonados
de esa presencia poboados
coma a que hai nos altares.

Os enseres xa n-usados
agardando nos faiados
a que unha mao os toque
a que un ollar quedo evoque…

CARTAS estelas mosaicos
os torques d-ouro do mouro
o alumado tesouro
os topónimos galaicos
os orixes neboentos
dólmenes i enterramentos
os restos tódolos rastros
!ei Viladonga! dos castros.

Viladonga


Río Miño vai caladiño Verbo antigo.

ONDE a auga nace quente
desperta o río silente…
Todo o que en ollos se daba
enosollos se quedaba

Miño

LUGO Madrid e Compostela
son cada unha a miña cidade
e Quiroga e Monforte a miña vila
i ésta máis sin afán de distinguila
polo grande corro de amistade.

Fernando de Tor Roberto Andrade
i aquel aquel aquel aquela
aquela aquela aquela aquel.
Levanto a copa por el
levanto a copa por ela
ate sacala porriba do tempo.

Compostela Lugo Madrid Monforte Quiroga Tor Fernando de Tor Roberto de Andrade