VIÑEN a Arousa ó mar.
Non podo parar de ollar.

.

ASPRA Pena de Tanxil
onde sempre me sentaba
para o mar sólo co-il
ata que me arrodeaba!

.

UNHA pebida redonda
luida onda a onda
bruñida que non vencida.
Unha pebida redonda
ben polida pola vida.

Arousa Pena de Tanxil

MANXAR memoria! Ir ó Courel oir falar a Terra
á Devesa da Rogueira
catar as augas e oler o bosque da árbore primeira
i á Campa da Lucenza onde o silencio berra.

.

TROITAS do Lor!
Mel doce agre sabor!
Carneiro e cabrito!
Hovos en pan frito!
Chourizo a cinsa en papel mollado!
Xamón curado
asado a brasa ou cocido enteiro
no caldeiro!
A pata fora saca
saca fora a pata.
Corza fresca o queixo de farraca!
Frebas costrelas filloas da mata!

Trigo gris
do país
e augardente de arandos
ós candos!

Castañas secas cocidas
asadas ou en burgó
e un bo
quiroga bierzo ou valdiorres de marcas ou de
/           casas coñecidas
que amais do que se leva gardan ritos pausas
/           perdidas!

Courel Devesa da Rogueira Lor Lucenza Valdiorres Arcos Bierzo Fontes Quiroga


SOÑARA en ir como fora
e pararme á vista dela
xusto mesmo á miña hora.
1993

Óllase alá Compostela
na tarde. Veño do Lor
cabalgo sólo por vela.

Traigo no peito unha door
que non ten nome contado
traigo cantigas de amor

i as en de amigo traslado.
1954

Compostela Lor

Á Pena das Augas Brancas
mañá domingo de alba
pordeus amigo que vaias!

E catarémolas augas.

Ó bosque do corzo esguízaro
mañá de alba en domingo
pordeus que vaias amigo!

E catarémolas augas
que nacen ó pe da pena
e iremos á Lucenza
a amolegala campa. 1954

Campa Lucenza Pena das Augas Brancas


CANTIGAS de amor e amigo
levan mía coita sigo.
En delas vai miña coita
que é miña e de millares:
a que compón os cantares
a que dí i os escoita.

Uns só da memoria o don
e outros son ventadores
outros manoseadores
de palabras sin canción.

Cantiga de amigo

DE Amor a ti non morrías
como extremado trovabas
e non sempre te atopabas
eno punto que dicías.

Amor de tal desmesura
non afinca en namorados
que non-os hai tan forzados
pois máis que a sua door dura.

Non todos son Don Macías
non Bolseiro en noite preso
que nunca se saien deso
tal como ti pretendías.

Mais que en Amor en folías
estás amigo afincado
e sempre fuches moi dado
a aumentar canto sentías.
En forte ponto dicías
i eu quedábame sorrindo
de ver que mesmo ti o crías.


O que sinte a door maior
é igual en calquer sentir
e tal coma no amor
é extremo no maldecir.

Bolseiro Don Macías

Nun convento de eiquí en que osfrades non falan galego

IA deixar un recado
ena porta dun convento.
Frai Cicerone apurado
nin se detuvo un momento.
Leva un fato interesado
en mirar o moimento
i el só posto embizcado
en cobrar o emolumento.

I…

O recado inda non dado
eu teimei un novo intento
falei con outro reglado
en un algo máis atento.
Ó non ser modificado
foi que deñei no acento
i en que polo idioma usado
gañeime o rexeitamento.

I…


AMAR. I el para amar
¿fora preciso amarte
nin preciso soñar
ate onde un foi soñarte?

.

TODO pola túaa pola túa imaxe
posto nunha sola nunha sola estaxe.
Sin pensar no corpoe nil só me poño
todo polo soño polo sólo soño.
E mesturalo e sabelo todo
e sabelo todo sin sabelo modo.



Dicía Pero de Ambroa

O que queira gardar dona
se é que non se garda ela
que non a escolla de sona
que calada a teña sigo
se é que quere retela
para que a el só lle diga: Amigo
ningún millor que ti fora
ena máis íntima hora.
Que duas bocas te sorban
e que ellas señan miñas
hastra cegarche as miniñas
o relustro dos humores.
De pé prono peito ou lado
sempre o atopas doado
cando a malos amadores
“ate os pelos lles estorban”.