MAXINA maxinar
peregrinar sin ir
millor que partir
sin o necesitar.

Pero de Ambroa

Ó pasar polo Cebreiro
sin ir ó Courel non fago
romaría nin me pago
anque nombrado e primeiro
do Camiño que me trago.

Por rodear e me deter
de terras son pelegrín
non por dar cabo ó camín
e anque ir e volver
me coste cóstamo a min.

.

SER pelegrín e turista
turista e pelegrín.
E nin se fai o Camín
nin se vei a terra vista.


XA non sei polo que veño
xa non sei ó que me ateño
se é rota cinguida ou solta
xa non sei se é ida ou volta.

Xa non sei se é por Santiago
xa non sei se son un vago
nin se son un pelegrín
nin se esto é peregrinar
xa non sei polo que vin
antes era por chegar
agora é polo camín.

Courel Cebreiro

DESPOIS que a de Lugo fago
e de chegar a Santiago
a pelerinax n-acabo
sin pasar ó mesmo cabo
sin ir ó cabo da Terra
a Padrón Noia e Fisterra.

E antes de que a volta faga
tamén ate a Sé de Braga.

Santiago


AMORES de amos
amores dun sólo
amores leviáns
amores de tolo
amores pagáns
amores corteses
amor como amamos
galego-portugueses.

Lugo Fisterra Noia Padrón Santiago Sé de Braga

GALICIA terra irmá de Portugal
que o mesmo Oceano abraça longamente.

A mesma saudade que non minte
a mesma irmandade que ela sinte
por canto foi conxunta case igual.
Só o fado a fixo diferente.

Teixeira de Pascoaes-NN.

portugal galicia Teixeira de Pascoaes


CANDO te vexa o direi
oh Estrela de Santiago
e se inda non o fago
non é porque non o busquei

A tua luz non atopei.
Sí alleos por compañeiros.
Atopei terra e luceiros
día e noite os mirei.

Atopei o Sol i a Lúa
i as estrelas consteladas
atopeinas por miriadas
en cambio non vin a túa.

Compostela

CANDO soa a Berenguela
falo sola Compostela ela ela ela ela.

Cando a Berenguela soa soa soa soa soa
Compostela fala soa.

Fala sola Compostela.
Non son iles fala ela ela ela ela ela.

Compostela Berenguela Santiago Matamouros


Santiago Matamouros

ERGUIDA irada traza cabaleira
Santiago espada i a bandeira:
a imaxen que el nunca quixera
porque non ten nada do que era.

Compostela

TEIS que cantar na Quintana
que cantar unha cantigas
da tua terra lonxana
unha cantiga antiga.

Se non teis un cantar seu
el podes cantar un novo
el podes cantar un teu
como regalo pro povo.

Quintana