“A mesma atracción que exerce o antigo, onde parece contemplarse unha imaxe de quietude interior /. é o que provoca constantemente a memoria, unha lembranza que non pode prescindir de nada. / Ó cabo tense que lembrar todo porque todo se viviu, xa na infancia, tan intensamente que a súa singularidade convoca todo un fondo inmemorial; de aí que unha imaxen ancestral volva constantemente. Tal visión de paisaxe, e a fascinación que a acompaña, encora o tempo no inmovil. O tempo é o propio paso das cousas, por eso a intensidade da contemplación, ó fundi-lo poeta con elas, bórrao.”
“Dese coidado da lonxanía, desa escoita á vida do remoto, ven a fascinación polo camiño . A viaxe, a travesía cara o descoñecido, en busca do outro, dunha evasión ou dun encontro, ten que ser case unha obsesión para quen viviu dende neno a irrealidade central do real, ese latexo do invisible que sostén a terra. De aí ese incesante soño de distancia”.
“Quizais tal paixón de viaxe, de lonxanía, ven tamén de que o remoto vívese con frecuencia en Galicia con tal intensidade que é necesaria a distancia, un espacio de respiro; a volta ó calor do natal faise cando se ten a capacidade para darlle ó imposible que se viviu unha figura singular, recoñecible: iso é a terra, como fulgor común da identidade propia.”