COMO extraviado
no confín dunha edade
vai Xan de Leizán
de casa en casa grande
de Lóuzara á Parada
e Pacios por Savane
vai ó San Lourenzo
e San Romao de antes.

Leizán Louzara Pacios Parada San Lourenzo San Romao Savane Xan de Leizán

VAI poema tras poema
cal se soñan ou se nembran
unha i outra volta as terras.
Unha i outra a mesma xeira.




POLO Real de Parada
por Savane e por Piñeira
Pontalor e Fondestela
cara Pacios de Lousada
o solar da miña mai.
Polas rotas do meu pai
i a miña irmá cabaleira.
Coma se fora candi-el
como se fora candi-ela
a Pedrafita á feira.
Por Grandalonga e Liñares
deixando a do Courel
pola vista dos Ancares.

Ancares Courel Fondestela Grandalonga Liñares Lousada Pacios do Señor Pedrafita Piñeira Real de Parada Savane Pontalor Pousada do Tordo Val de Fariña

E por Sampedro baixar
pola Pousada do Tordo
por Doncos pasado xordo
ás Nogais. Eilí parar.

A que unha pousa cabia.
Troita feita do Connavia
fritida sin máis avío
i o ío-ío do río.

Connavia Doncos Nogais Sampedro


ENTRADO saido entrado
saido entrado saido
do recordado ó olvido
/todo terra do pasado /
do abesedo ó sollío
cal se ouve e se esquece o río.

A Becerreá chegar.
Non chega con se abrigar.
A desenllar botelos
para que frío non leves.
……
Mirar para Ancares e velos
por entre de carambelos
señores das grandes neves.

Ancares Becerreá


E por Cruzul ó baixar
ó desdeixe de tornar
por onde antes se ía
/perta cincha ceibe cinto /
volta a volta tira vía
encontrar el encontrar o labirinto
que a defensa facía/Os Grobos/

Manuel de Neira cando era
alcalde desta alcaldía
antes de Pardo de Vera
il mesmo mo mostraría
cando consigo me leva
nas voltas que se traguía
como abogado da gleba.

Cruzul Os Grobos Pardo de Vera Manuel de Neira



A rota do carnabudo

VOLTA a Doncos i ó Cebreiro.
Coma polacos pousados
as pallozas i os lousados
aló no alto cimeiro.

Cebreiro Doncos


¡CAPELOSO lomba núa!

E volta para Vilafranca
pola Faba i a Lagúa
a las Ferrerías y a Veiga
as Ferrerías i a Veiga.
Cabalo de ancha anca!
Tropear que o camiño ateiga!

E cos primeiros destelos
coa auga pola rúa
cruzar a vila cal viña
pandeado no cabalo
facendo o canto do galo
O Galo de Val de Fariña
para A Cruz de Cacabelos.

Cacabelos Capeloso Faba Ferrerías Lagúa Veiga Vilafranca O Galo de Valdefariña

E volta cara Zanfoga
ou baixa para o Courel
e volta de volta del
volta do Val de Quiroga.

Courel Quiroga Zanfoga