DE Cernego ó Robledo
do Robledo á Seara
da Seara a Lucenza
de Lucenza a Parada.

Rodeira fonda na pena
que grabou a cantarena
dos carretos nas petadas
e sulas uces que ulías
pola que xa nadie pasa!
Baixan sólo as nevadas
por onde baixou a vena
o carbón das ferrerías
i a lousa da miña casa.

cernego Lucenza Parada Seara



POR Parada de Moreda
Seoane da Ferrerías
Meiraos de Santa María
/ o que do seu adro queda /
pola Pedra traspoñía
/ cabalo ó paso que vamos /
por Padrocelos a Samos
e Sarria nun sólo día.

Padrocelos Samos Sarria Meiraos Parada Seoane da Ferrería Pedra Moreda




DE Parada ou do Carbedo
á Ferrería e Mogoxe
perto do río i a fonte
perto do corte do monte
seguindo a rota de hoxe
e collendo a de onte
na entalada do medo.

Carbedo Mogoxe Parada Seoane da Ferrería

Lenda de Alfonso II

DE Mogoxe a Sobredo
de Sobredo a Seceda
e pola rota segreda
para as Asturias de Oviedo.

Eran seis os cabaleiros
seis os cabaleiros seis
os pares entre os primeiros
os que cambean os reis.

Posto en morada escondida
en terra tan arredada
¿cómo a súa estada?
¿cándo a súa partida?

Sen escolta n-escudeiros
polo Courel sól-os seis.

Cando deixou o Courel
seu escondite de neno
solos ollos que o ven
pregan por il en silencio:

Don Alifonso II
que reines por moito tempo
que gañes ate o Douro
e chegues ate o Texo.

Courel Asturias Douro Mogoxe Oviedo Seceda Sobredo Texo

Un mozo ofrecido a ir en silencio á
Nosa Señora do Cebreiro atópase no
camiño ca sua noiva que tamén fai
romaría e non lle ousa falar ate
chegar ó Santuario

IREI á Nosa Señora
irei como meu pai fora
por endelado do agro
e polas grandas do monte
bebendo de fonte en fonte.

Amiga se non che falo
é porque vou ofrecidos
a ir en silencio seguido.
Descubre ti porque calo
que primeiro de cumprir
eu non cho podo dicir.


DE San Romao de Parada
ate o Cebreiro ofrecidos
os amantes en silencio
mirándose de contino.

Por Moreda ós Chaos de Outeiro
polo castelo rocheiro
su Mostaz a Pontalor
e por Pacios do Señor
por San Roque ó Cebreiro.

Por Campelo e Chan de Pena.

Polo Real de Parada

por onde baixaba a vena
para Savane. E por Piñeira
entre a Toca i a Louseira
cara Pacios por Lousada
Fondestela ou Valorqueira.

Castelo Rocoso Chan de Pena Lousada Louseira Real de Parada San Roque Toca Chaos de Outeiro Fondestela Piñeira Savane Valorqueira Campelo Moreda

Dendes de Pacios

POR Fontes e Grandalonga
ó Chao de Veiga de Forcas
a Fonlor e Fonteboa
por Rubiais a Zanfoga
Brañas e Fonteformosa.

Polos Arcos a Trabazas
a Sixto e Chan de Pena
a Sampedro e Riucereixa
e pararse na lembranza
do famoso Sinchaqueta.

Por Lousada a Noceda
por Santalla a Rabaceira
polo Seixo a Louzarela.

Carbedo Cebreiro Moreda Mostaz Pacios do Señor Pontalor San Romao de Parada Brañas Chan de Pena Fonlor Fonteboa Fonteformosa Lousada Louzarela Noceda Rabaceira Riucereixa Rubias Sampedro Santalla Seixo Sixto Trabazas Veiga de Forcas Zanfoga Grandalonga SINCHAQUETA


Lenda de San Romao

SAN Romao ca sua lanza
tiña un preso que gardar.
Gardaba de San Lourenzo.
Non se gardou do escoitar.

San Romao ca sua espada
e coa mente aberta
para recibir a nova.
Non negarse por sistema.

O San Romao de Parada
gardaba de San Lourenzo
e vía un anxo entre iles
fermosísimo no medio…

San Lourenzo San Romao de Parada



DE Parada a Moreda
tan perto unha da outra.
Ésta na banda do sol
e aquela na da sombra.
Da Fonte do Carabel
ate a Fonte da Rosa.

Moreda Parada Fonte da Rosa Fonte do Carabel