Sampedro

Sampedro é unha aldea do Concello de As Nogais, situada a apenas un quilómetro de Pedrafita do Cebreiro, nun promontorio sobre o cauce do río Connavia. Sampedro é famoso por ser atravesado pola Nacional VI e máis tarde por dous túneles da autoestrada A-6.

Dendes de Pacios

POR Fontes e Grandalonga
ó Chao de Veiga de Forcas
a Fonlor e Fonteboa
por Rubiais a Zanfoga
Brañas e Fonteformosa.

Polos Arcos a Trabazas
a Sixto e Chan de Pena
a Sampedro e Riucereixa
e pararse na lembranza
do famoso Sinchaqueta.

Por Lousada a Noceda
por Santalla a Rabaceira
polo Seixo a Louzarela.

Sampedro

E por Sampedro baixar
pola Pousada do Tordo
por Doncos pasado xordo
ás Nogais. Eilí parar.

A que unha pousa cabia.
Troita feita do Connavia
fritida sin máis avío
i o ío-ío do río.

Sampedro