O castelo de Carbedo é un castelo de tipo fortaleza militar, situado a 930 m. de altura, erguido sobre unha rocha de más de 20 m. de altura no municipio de Folgoso del Courel. O castelo está situado a uns 500 m. da aldea de O Carbedo, non se coñece exactamente a súa orixe pero no ano1550 xa foi mencionado polo licenciado Molina que o denomina ‘Fortaleza do Courel’. Pertenceu a Don Nuño Peláez, que máis tarde o entregou aos Cabaleiros da Orde de Santiago. Actualmente consérvanse restos dos muros, parte dunha torre circular e un alxibe.Conta a lenda que no castelo de Carbedo residía Dona Ildara e o Conde de Lemos viña a visitala. Algúns poemas de Uxío Novoneyra fan referencia a Doña Ildara.
Castelo Rocoso
DE San Romao de Parada
ate o Cebreiro ofrecidos
os amantes en silencio
mirándose de contino.
Por Moreda ós Chaos de Outeiro
polo castelo rocheiro
su Mostaz a Pontalor
e por Pacios do Señor
por San Roque ó Cebreiro.
Por Campelo e Chan de Pena.
Polo Real de Parada
por onde baixaba a vena
para Savane. E por Piñeira
entre a Toca i a Louseira
cara Pacios por Lousada
Fondestela ou Valorqueira.