Zanfoga é un lugar da parroquia de San Martiño de Zanfoga no concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 59 habitantes (31 homes e 28 mulleres).A igrexa parroquial de San Martiño de Zanfoga ten tres naves, cruceiro, sancristías e atrio cuberto. No interior conserva un retablo de estilo renacentista e imaxes da Nosa Señora do Carme e outra representando o inferno. Hai unha cruz parroquial de prata do século XVII.
Zanfoga
Dendes de Pacios
POR Fontes e Grandalonga
ó Chao de Veiga de Forcas
a Fonlor e Fonteboa
por Rubiais a Zanfoga
Brañas e Fonteformosa.
Polos Arcos a Trabazas
a Sixto e Chan de Pena
a Sampedro e Riucereixa
e pararse na lembranza
do famoso Sinchaqueta.
Por Lousada a Noceda
por Santalla a Rabaceira
polo Seixo a Louzarela.
E volta cara Zanfoga
ou baixa para o Courel
e volta de volta del
volta do Val de Quiroga.