Visuña

Santa Eufemia de Visuña é unha parroquia e lugar do municipio español de Folgoso do Courel, na provincia de Lugo, Galicia.Na parroquia de Visuña, próxima á provincia de León, encóntrase un dos montes máis emblemáticos da Serra de O Courel. O monte Cereixido, de 1.278 metros de altura, é facilmente accesible para os aficionados ao sendeirismo. Na súa ladeira norte, orientada cara os barrios que conforman a parroquia, encóntranse unhas antigas minas que están abandonadas desde fai medio século. A uns 300 m. deste barrio e á dereita da estrada a Ferramulín, uns 1000 m. de altura, atópase a ‘Buraca das Choias’ unha das covas máis interesantes de O Courel. A entrada forma un pórtico de rocha duns 12 m. de ancho por 10 m. de alto, polo que flúe do interior da cova o regato ‘dos Corvos’.

DE Visuña ó Couto.
…………
Se a neve apura
do Couto ó souto
en dereitura.

Ou por Lago ós Chaos de Outeiro
por en de frente do Fedo
por debaixo de Campelo
polo Real do Carbedo de cara o torrepenelo
cara o castelo rocheiro
no que inda está Dona Ildara
posta na fiestra para Tara
vendo o camiño i o Lor
anque sin ver que se move
oindo o ampre rumor
que do val ate ela sabe
e atendendo ó seu señor.
O mesmo que ó outro lado
pola banda da Seara
nun covallo anseiosa
agarda Dona Briosa.
Ambas agardan por el
entre aldeas lenes fumes
/a coor do ucedo nos cumes /
cal se agarda no Courel.

Visuña

DO Sil da ribeira quente
por Córgomo e San Vicente
ou por Cernego ó Robledo
polo Rebolo á Seara
por onde o Selmo comenza
e a Parada por Lucenza
ou por Visuña ó Carbedo
Castelo de Dona Ildara.

Visuña