Vilafranca

Villafranca del Bierzo é un municipio e localidade situada ao oeste da comarca de El Bierzo, na provincia de León. Nela conflúen os ríos Burbia e Valcarce. É un dos municipios leoneses nos que se fala galego. En 2015, na aprobación pola Unesco da ampliación do Camiño de Santiago en España a «Camiños de Santiago de Compostela: Camiño francés e Camiños do Norte de España», España enviou como documentación un «Inventario Retrospectivo - Elementos Asociados» no que figura Villafranca del Bierzo cun ámbito delimitado de elementos asociados.

¡CAPELOSO lomba núa!

E volta para Vilafranca
pola Faba i a Lagúa
a las Ferrerías y a Veiga
as Ferrerías i a Veiga.
Cabalo de ancha anca!
Tropear que o camiño ateiga!

E cos primeiros destelos
coa auga pola rúa
cruzar a vila cal viña
pandeado no cabalo
facendo o canto do galo
O Galo de Val de Fariña
para A Cruz de Cacabelos.

Vilafranca