Veiga

Vega de Valcarce é un e localidade de España, na comarca de El Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León. Ten un área de 69,31 km² cunha poboación de 752 habitantes e unha densidade de 10,84 hab/km². É un dos municipios leoneses nos que se fala galego.

ENCONTRAR no Cebreiro a atrancada:
neve folga no tourón basada.
De polvoriña e xistra rexeitado
á Faba i a Lagúa a arrecadadas.
Esbarar ó Valcarcel en irado
a favor das barras aguzadas.
Repetidas súpetas petadas
entre piornos tornos xestas
hastra o val das augas batanadas.

Das Ferrerías á Veiga i Ambasmestas.
Volver por Vilafranca á empinada
por Corullón e Oencia /por Vilarrubín
a Ferramulín /pasadas Vilarrubín
Ferramulín Horreos pechado /
Hastra a Boca do Couto i a Parada.

Por Savane á Pedra nova remontada
cruzando o Courel de lado a lado.
E por Lóuzara /Padrocelos de Martín
trovador / Hastra Samos. Retomado
o Camiño tra-la corta rodeada.

Veiga

¡CAPELOSO lomba núa!

E volta para Vilafranca
pola Faba i a Lagúa
a las Ferrerías y a Veiga
as Ferrerías i a Veiga.
Cabalo de ancha anca!
Tropear que o camiño ateiga!

E cos primeiros destelos
coa auga pola rúa
cruzar a vila cal viña
pandeado no cabalo
facendo o canto do galo
O Galo de Val de Fariña
para A Cruz de Cacabelos.

Veiga