Valorqueira ou A Regueira de Valorqueira é un microtopónimo que se corresponde cun regato afluente do río Lor, na parte septentrional da Serra do Courel, no concello de Pedrafita do Cebreiro. na parroquia de Lousada, preto de Pacios e de Pontalor, no límite entre os concellos de Pedrafita e Folgoso do Courel.
Valorqueira
DE San Romao de Parada
ate o Cebreiro ofrecidos
os amantes en silencio
mirándose de contino.
Por Moreda ós Chaos de Outeiro
polo castelo rocheiro
su Mostaz a Pontalor
e por Pacios do Señor
por San Roque ó Cebreiro.
Por Campelo e Chan de Pena.
Polo Real de Parada
por onde baixaba a vena
para Savane. E por Piñeira
entre a Toca i a Louseira
cara Pacios por Lousada
Fondestela ou Valorqueira.
POLA Louseira i a Toca
por Valorqueira i o Castro
seguindo o antigo rastro
por onde o Norte emboca.
Ver a Casa do Señor
que desfigurada morre
a da eirexa por torre
a do dobre mirador.
E volta para o Cebreiro
á ermida que foi mosteiro.