Valdeflores

O Mosteiro da Nosa Señora de Valdeflores é un mosteiro situado na parroquia de Magazos, no alfoz da vila luguesa de Viveiro e moi preto do río Landro. Este edificio relixioso está rexido pola congregación das Dominicas contemplativas (Orde dos Pregadores), orde fundada por Domingos de Guzmán, nacido no século XII en Caleruega (Reino de Castela). A fundación do convento remóntase ao século XV. A igrexa, tamén do século XV, de estilo gótico, momento tamén ao que corresponde a talla da Virxe de Valdeflores a cal se venera neste templo. Esta imaxe, segundo conta a tradición, foi atopada nos terreos sobre os que se ergue o mosteiro. O edificio do mosteiro é de finais do século XVII. Dende hai sete século, e sen interrupción, existe a congregación no mosteiro.

DESPOIS de ir ós Caneiros
teimei en ir a Viveiro
e fun con outros romeiros
polo verso de Noriega:
Vas para monxa en Valdefloresi es bacante no Naseiro.
Soñando tamén se chega
e se tiveron amores.

Valdeflores