Aldea situada a 709 m. de altura, cunha capela dedicada a San Silvestre e un importante souto. Pertence á parroquia de Santa María de Folgoso, sobre o val do río Lor, na Serra do Courel, provincia de Lugo.Ao norte de Sobredo, camiño de Ferrería Vella atópase o Castro de A Torre. É un Ben de Interese Cultural (BIC) catalogado.A finais do Século VIII, ten lugar un feito histórico moi relevante. Os monxes de Samos resgardan da ira do seu tio ao niño que no futuro sería o Rei Alfonso II El Casto na aldea de Sobredo.
Sobredo
Lenda de Alfonso II
DE Mogoxe a Sobredo
de Sobredo a Seceda
e pola rota segreda
para as Asturias de Oviedo.
Eran seis os cabaleiros
seis os cabaleiros seis
os pares entre os primeiros
os que cambean os reis.
Posto en morada escondida
en terra tan arredada
¿cómo a súa estada?
¿cándo a súa partida?
Sen escolta n-escudeiros
polo Courel sól-os seis.
Cando deixou o Courel
seu escondite de neno
solos ollos que o ven
pregan por il en silencio:
Don Alifonso II
que reines por moito tempo
que gañes ate o Douro
e chegues ate o Texo.