San Xoan de Seoane ou Savane é unha freguesía situada a uns 640 m. de altitude sobre o nivel do mar; pertencente ao arciprestado de O Courel, delimitada polos términos parroquiais de Meiraos polo Norte; Folgoso e Seara polo Sur; Esperante e Visuña polo Leste e San Xoán de Lóuzara e Seceda polo Oeste. Os seus habitantes atópanse agrupados nas entidades de Ferrería Vella, Mercurín, Moreda, Parada, Piñeira e Seoane (Savane).Ferrería Vella está situada a 535 m. de altura a beira do río Lor, no medio dunha espectacular paisaxe. Antigamente houbo unha ferrería, a Ferrería Locay, que tivo unha forte influencia na vida de O Courel, é un monumento importante desta terra e unha das obras civís máis importantes de Galicia. Parece ser que se fundou en 1.808, sobre outra máis antiga.
Seoane da Ferrería
POR Parada de Moreda
Seoane da Ferrerías
Meiraos de Santa María
/ o que do seu adro queda /
pola Pedra traspoñía
/ cabalo ó paso que vamos /
por Padrocelos a Samos
e Sarria nun sólo día.
DE Parada ou do Carbedo
á Ferrería e Mogoxe
perto do río i a fonte
perto do corte do monte
seguindo a rota de hoxe
e collendo a de onte
na entalada do medo.