Seixo

Seixo é un lugar da parroquia de San Lourenzo de Pacios no concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 32 habitantes (17 homes e 15 mulleres).Nesta parroquia encontrase a casa señorial de Pacios. A Fundación Novoneyra posúe unha copia do sub-fondo Neira e Pol, que comprende a documentación acumulada pola Casa de Pacios de Lousada entre principios do século XVI e o século XIX. A esta familia pertencía Uxío Novoneyra, por liña da súa nai, se ben a herdanza do pazo se transmitiu ao varón, Eugenio Neira Bello, pai do último propietario, Manuel Neira Pol, e primo-irmán moi querido do poeta. Á morte deste, no ano 2014, os fondos de arquivos pasaron a formar parte do Arquivo da Fundación’.

Dendes de Pacios

POR Fontes e Grandalonga
ó Chao de Veiga de Forcas
a Fonlor e Fonteboa
por Rubiais a Zanfoga
Brañas e Fonteformosa.

Polos Arcos a Trabazas
a Sixto e Chan de Pena
a Sampedro e Riucereixa
e pararse na lembranza
do famoso Sinchaqueta.

Por Lousada a Noceda
por Santalla a Rabaceira
polo Seixo a Louzarela.

Seixo