A Catedral de Braga, no distrito de Braga, en Portugal está considerada un dos máis importantes templos do románico portugués. A Catedral de Braga foi a primeira catedral portuguesa, construída varias décadas antes da fundación do país. Comenzou a construírse a finais do século XI e consagrouna e dedicouna a Virxe María o 28 de agosto de 1089 o bispo D. Pedro en sesión solemne. Así é coñecida tamén como Catedral de Santa Maria de Braga.
Sé de Braga
AMORES de amos
amores dun sólo
amores leviáns
amores de tolo
amores pagáns
amores corteses
amor como amamos
galego-portugueses.