A catedral de Mondoñedo é un templo católico da vila de Mondoñedo, unha das sés episcopais da diocese de Mondoñedo-Ferrol xunto coa Concatedral de Ferrol. Foi declarada Monumento Nacional en 1902 e nomeada basílica por Xoán XXIII cunha bula datada o 9 de marzo de 1959. A mediados do século IX un conxunto de monxes asentouse xunto ao Cantábrico. Afonso III deu o seu beneplácito ao asentamento configurando en certa forma a nova diocese.
Santuario
VINDO do Santiago de Compostela
pro Courel proseguir o tempo de Ero
e Manuel para Lugo co pantalón faldón
que veu tralo de boca de cadela.
Rodeando pola Coruña Betanzos Monfero
e Vilalba con Manuel /O Cuadramón!
Mar ó Norde/ por camiño de Oviedo
para ver a Álvaro mesmo en Mondoñedo.
Entre penedos por chousas
levounos á ara antiga
e dalí ó Santuario.
Sin oración nin rosariosin
bico de crucifixocada
un pida tres cousase
que en silencio llas diga.
E fixen o que nos dixo.
Na tumba do Conde Santo
a mao debaixo lle poño.
Canto pedín houben tanto
a pura forza de soño.
1955