A capela dedicada a San Román cun retablo de San Vicente está situada na aldea de Parada. Aldea situada a 761 m. de altura pertencente ao municipio de Folgoso de Courel situado no sueste da provincia de Lugo, en Galicia.Na mesma aldea e ao lado da capela, na Casa do Crego, naceu en xaneiro de 1930 o poeta Uxío Novoneyra; que viviu aquí ata o ano 1945. Regresou entre os anos 1953 e 1962, para recuperarse dunha enfermidade. En 1955 comenza a súa aventura poética con Os eidos, cos que inicia un ciclo que retomará con Os eidos 2. Desde 1962 a 1966 viviu en Madrid e nese mesmo ano regresou a Parada, onde viviu na casa familiar ata 1983, ano no que fixa a súa residencia en Santiago, onde exerceu su cargo de presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega ata que faleceu no ano 1999.Nesta aldea hoxe sitúase a Casa Museo do escritor sede da Fundación Uxío Novoneyra.
San Romao de Parada
Dendes de Pacios
POR Fontes e Grandalonga
ó Chao de Veiga de Forcas
a Fonlor e Fonteboa
por Rubiais a Zanfoga
Brañas e Fonteformosa.
Polos Arcos a Trabazas
a Sixto e Chan de Pena
a Sampedro e Riucereixa
e pararse na lembranza
do famoso Sinchaqueta.
Por Lousada a Noceda
por Santalla a Rabaceira
polo Seixo a Louzarela.
Lenda de San Romao
SAN Romao ca sua lanza
tiña un preso que gardar.
Gardaba de San Lourenzo.
Non se gardou do escoitar.
San Romao ca sua espada
e coa mente aberta
para recibir a nova.
Non negarse por sistema.
O San Romao de Parada
gardaba de San Lourenzo
e vía un anxo entre iles
fermosísimo no medio…