San Lourenzo

San Lourenzo de Pacios é unha parroquia do municipio lucense de Pedrafita do Cebreiro, Lugo. Nesta parroquia encontrase a casa señorial de Pacios. A Fundación Novoneyra posúe unha copia do sub-fondo Neira e Pol, que comprende a documentación acumulada pola Casa de Pacios de Lousada entre principios do século XVI e o século XIX. A esta familia pertencía Uxío Novoneyra, por liña da súa nai, se ben a herdanza do pazo se transmitiu ao varón, Eugenio Neira Bello, pai do último propietario, Manuel Neira Pol, e primo-irmán moi querido do poeta. Á morte deste, no ano 2014, os fondos de arquivos pasaron a formar parte do Arquivo da Fundación’

Lenda de San Romao

SAN Romao ca sua lanza
tiña un preso que gardar.
Gardaba de San Lourenzo.
Non se gardou do escoitar.

San Romao ca sua espada
e coa mente aberta
para recibir a nova.
Non negarse por sistema.

O San Romao de Parada
gardaba de San Lourenzo
e vía un anxo entre iles
fermosísimo no medio…

San Lourenzo

COMO extraviado
no confín dunha edade
vai Xan de Leizán
de casa en casa grande
de Lóuzara á Parada
e Pacios por Savane
vai ó San Lourenzo
e San Romao de antes.

San Lourenzo