Rosalía Castro de Murguía, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía galega do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
Rosalía
DO Courel a Lugo. De Lugo ó Courel.
De Santiago a Lugo ¿ía ou volvía?
De Santiago a Lestrove e volta a el
pola veiga llana de Rosalía.