O Robledo é un lugar da parroquia de Cernego, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras na comarca de Valdeorras, comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. Tiña 19 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 11 eran homes e 8 eran mulleres.
Robledo
NO Carbedo Dona Ildara
Dona Briosa na Seara
Lucenza campa cimeira
a Devesa da Rogueira
Mogoxe Torre Cabreira
entre a Cova da Gralleira
i a Fonte
de Ricamonte
Seoane da Ferrería
Meiraos de Santa María
i entre Vilela e Piñeira
a Toca
e a lousa que tapa a boca
das olas d-ouro
do mouro.
Moreda cazcalla solta
e nun rechao asentada
Parada
onde a terra dá a volta.
DA Rúa a Vilamartín
por Cernego ó Robledo
da vide ó castiñeirodo
castiñeiro ó ucedo.
A terra dos camiños
que baixan das montañas
apousa nos pociños
enriba das raigañas.
POR Cernego ó Robledo
i a Devesa do Rebolo
polo cerengo seguido
camiño cimeiro ee solo
Covallos como o da Dona
e que veña o que queira
ir ó Cortello dos Cervos
á Campa e a Rogueira.
DO Sil da ribeira quente
por Córgomo e San Vicente
ou por Cernego ó Robledo
polo Rebolo á Seara
por onde o Selmo comenza
e a Parada por Lucenza
ou por Visuña ó Carbedo
Castelo de Dona Ildara.