Roberto Martínez de Andrade, poeta nado en Monforte de Lemos, provincia de Lugo (1918-1978). A obra poética de Roberto Martínez de Andrade foi recompilada polos seus amigos como homenaxe póstuma, editada nunha serie de 750 exemplares. O escritor mantivo unha estreita amizade con Uxío Novoneyra.
Roberto de Andrade
LUGO Madrid e Compostela
son cada unha a miña cidade
e Quiroga e Monforte a miña vila
i ésta máis sin afán de distinguila
polo grande corro de amistade.
Fernando de Tor Roberto Andrade
i aquel aquel aquel aquela
aquela aquela aquela aquel.
Levanto a copa por el
levanto a copa por ela
ate sacala porriba do tempo.
Na noite o viño fai saber o que hai de certo.
Roberto M. Andradre
I el ei Roberto de Lemos
qué días que nós fixemos!
E ti ben o sabías
que en noites amañecías!