Real de Parada

Saíndo da aldea de Parada e baixando polo Estreito e as Carraixuntas (camiño e curvas moi pronunciadas que saen da aldea) chegamos ao Camiño Real de Parada. Camiño de uso público que vai por unha estrada incrustada no val formado polos montes Teso da Pinza, que polo lado de Savane chaman o Carballal, e o monte Cido (no que algúns identificaron o monte Medulio). Este camiño sigue o curso dun dos brazos do Lor ate a Ferrería Nova.

DE San Romao de Parada
ate o Cebreiro ofrecidos
os amantes en silencio
mirándose de contino.

Por Moreda ós Chaos de Outeiro
polo castelo rocheiro
su Mostaz a Pontalor
e por Pacios do Señor
por San Roque ó Cebreiro.

Por Campelo e Chan de Pena.

Polo Real de Parada

por onde baixaba a vena
para Savane. E por Piñeira
entre a Toca i a Louseira
cara Pacios por Lousada
Fondestela ou Valorqueira.

Real de Parada


POLO Real de Parada
por Savane e por Piñeira
Pontalor e Fondestela
cara Pacios de Lousada
o solar da miña mai.
Polas rotas do meu pai
i a miña irmá cabaleira.
Coma se fora candi-el
como se fora candi-ela
a Pedrafita á feira.
Por Grandalonga e Liñares
deixando a do Courel
pola vista dos Ancares.

Real de Parada