Quiroga

Quiroga é un municipio español situado no sueste da provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. Pertence á comarca de Quiroga e forma parte da zona coñecida como Ribeira Sacra.Atópase ao sur da serra do Courel, no curso do río Sil. Ten unha superficie de 319 km² e encóntrase a 84 km da capital provincial, Lugo.

A fuxida de Roldán

VALDIORRES Petín Montefurado
Torrenovaes Quiroga i a Labrada.
Por onde pasos solos van
vai irado a cabalo Don Roldán
en polas costureiras empenchado
sombra xa sin estrondo nin perigo
ralvando o Sil de lado a lado.
Ena beira alí deixou testigo:
a ferradura na pedra marcada.

Valdiorres Petín Montefurado
Torrenovaes Quiroga i a Labrada.
O Progreso por fume anunciado
anunciado a fume i a pitido.
Ferrocarril! I el fuxe ¿en qué ano?
A Ribeira Sacra sin cabalo
ou por Barxa de Lor a remontalo
ou polo Selmo a peito ou o Robledo
por San Martín á Pena do Escribano
pro Courel co primeiro medo
nebrato tras dun corzo perseguido.

Ó non terse a pastor metido
e non vir de labrego herdado
ó non ser en Meiraos frade armado
nin poeta en Parada recluido
vaga sombra tras sombras namorado
entre Briosa e Ildara ido-vido.

Pelegrín a Santiago extraviado
no tempo na lenda e no olvido
de Francia e Roncesvalles esquecido
e de Valdiorres Petín Montefurado
Torrenovaes Quiroga e a Labrada
do Progreso do tren i o seu pitido.
Entrou na miña casa de Parada
e foi un verso ampre escollido
de cabalo ó paso non forzado
cargado de toda a edá pasada
para retiro final indefinido.

Quiroga

ENCONTRAR o Cebreiro atrancado
e ciar pola neve derrotada.
Esbarar ó Valcarcel en irado
volver por Vilafranca a Ponferrada.
Valdiorres Petín Montefurado
Torrenovais Quiroga i a Labrada.
Barxa de Lor Brollón Monforte alzado
cercado pola propia mirada.
Bóveda Oural e Sarria. Retomado
o Camiño trala longa rodeada.

Valdiorres Petín Montefurado
Torrenovais Quiroga i a Labrada.
Barxa de Lor Monforte Tor Chantada.
Atrousar polo Faro neve xeada.

Rodeiro Lalín Silleda de tirada
e ter o Pico Sacro en de lado
despois da máis longa derivada.
Mirar todo branco alisado
hastra mesmo Santiago a nevarada.

Quiroga

E volta cara Zanfoga
ou baixa para o Courel
e volta de volta del
volta do Val de Quiroga.

Quiroga

LUGO Madrid e Compostela
son cada unha a miña cidade
e Quiroga e Monforte a miña vila
i ésta máis sin afán de distinguila
polo grande corro de amistade.

Fernando de Tor Roberto Andrade
i aquel aquel aquel aquela
aquela aquela aquela aquel.
Levanto a copa por el
levanto a copa por ela
ate sacala porriba do tempo.

Quiroga

MANXAR memoria! Ir ó Courel oir falar a Terra
á Devesa da Rogueira
catar as augas e oler o bosque da árbore primeira
i á Campa da Lucenza onde o silencio berra.

.

TROITAS do Lor!
Mel doce agre sabor!
Carneiro e cabrito!
Hovos en pan frito!
Chourizo a cinsa en papel mollado!
Xamón curado
asado a brasa ou cocido enteiro
no caldeiro!
A pata fora saca
saca fora a pata.
Corza fresca o queixo de farraca!
Frebas costrelas filloas da mata!

Trigo gris
do país
e augardente de arandos
ós candos!

Castañas secas cocidas
asadas ou en burgó
e un bo
quiroga bierzo ou valdiorres de marcas ou de
/           casas coñecidas
que amais do que se leva gardan ritos pausas
/           perdidas!

Quiroga