A Praza Maior de Lugo é o centro vital da cidade de Lugo, e o principal lugar de encontro dos lucenses, é ademais a praza máis grande do centro histórico da cidade. Luís Pimentel chamouna ‘sala de visitas da miña vila’.[1] Nela pódese atopar a Casa do Concello, as estatuas adicadas aos fundadores da cidade, un pequeno paseo con placas e bustos adicados aos principais escritores do país, o ‘quiosco da música’ e o edificio do Círculo das Artes. Ao carón da praza encóntrase un busto de Uxío Novoneyra.
Praza Maior
ANDAR a Muralla i a Praza Maior
cimo ó fondo do fondo ó cimo. Escoitar
nos ollos o oculto rumor
de tapados desmandes.
Ir a Catedral:
O Grialcontino! O labrado Coro!
E ver rezardiante dos Ollos Grandes.
E se hai tempo e fai bon
e se acai a estación
-bourear de estorniños-
o Mapa d-Auga o Estanque dos Ciños
o loro o pavo real do Parque modernista
e a vista dende o Mirador:
o río o val i a ponte o gris-Grandíono último monte.