Pradocelos de Martín

Martín de Pedrozelos, un trobador do século XIII é unha figura moi importante da lírica medieval galegoportuguesa. Créese que puido ser oriúndo da aldea de Praducelo, na parroquia de San Xoán de Lóuzara, en Samos, na provincia de Lugo. En Praducelo consérvase unha antiga casa chamada Casa de Martín, que que podería ser de orixe medieval.

ENCONTRAR no Cebreiro a atrancada:
neve folga no tourón basada.
De polvoriña e xistra rexeitado
á Faba i a Lagúa a arrecadadas.
Esbarar ó Valcarcel en irado
a favor das barras aguzadas.
Repetidas súpetas petadas
entre piornos tornos xestas
hastra o val das augas batanadas.

Das Ferrerías á Veiga i Ambasmestas.
Volver por Vilafranca á empinada
por Corullón e Oencia /por Vilarrubín
a Ferramulín /pasadas Vilarrubín
Ferramulín Horreos pechado /
Hastra a Boca do Couto i a Parada.

Por Savane á Pedra nova remontada
cruzando o Courel de lado a lado.
E por Lóuzara /Padrocelos de Martín
trovador / Hastra Samos. Retomado
o Camiño tra-la corta rodeada.

Pradocelos de Martín