Piñeira

Aldea situada entre 800 e 884 m. de altitude con casas agrupadas nos barrios de Cima de Vila, Fondo de Vila, Vales, Ardespozo e Chan de Pacios, pertence á parroquia de San Xoan de Seoane.No barrio de Cima de Vila hai unha ermida dedicada a San Vicente. Piñeira está rodeada de castros como os de Santo Estevo, Piñeira, Cousoliños e Castrín do Cotelo. A uns 2 km. subindo pola ladeira do monte Taro Branco está a explotación aurífera da época romana de A Toca.

NO Carbedo Dona Ildara
Dona Briosa na Seara
Lucenza campa cimeira
a Devesa da Rogueira
Mogoxe Torre Cabreira
entre a Cova da Gralleira
i a Fonte
de Ricamonte
Seoane da Ferrería
Meiraos de Santa María
i entre Vilela e Piñeira
a Toca
e a lousa que tapa a boca
das olas d-ouro
do mouro.
Moreda cazcalla solta
e nun rechao asentada
Parada
onde a terra dá a volta.

Piñeira

DE San Romao de Parada
ate o Cebreiro ofrecidos
os amantes en silencio
mirándose de contino.

Por Moreda ós Chaos de Outeiro
polo castelo rocheiro
su Mostaz a Pontalor
e por Pacios do Señor
por San Roque ó Cebreiro.

Por Campelo e Chan de Pena.

Polo Real de Parada

por onde baixaba a vena
para Savane. E por Piñeira
entre a Toca i a Louseira
cara Pacios por Lousada
Fondestela ou Valorqueira.

Piñeira



POLO Real de Parada
por Savane e por Piñeira
Pontalor e Fondestela
cara Pacios de Lousada
o solar da miña mai.
Polas rotas do meu pai
i a miña irmá cabaleira.
Coma se fora candi-el
como se fora candi-ela
a Pedrafita á feira.
Por Grandalonga e Liñares
deixando a do Courel
pola vista dos Ancares.

Piñeira