Pena das Augas Brancas

Na Devesa da Rogueira, a xoia ecolóxica da serra do Courel encóntranse as Fontes do Cervo, dous chorros que emanan da roca: un incoloro de augas calcarias (augas brancas) e outro máis vermello de augas ferruxinosas. Tamén eran coñecidas como Fontes da fame pola xente local, que bebía delas para abrir o apetito. Debido á combinación de minerais tamén se lles atribúen outras propiedades medicinais.

Á Pena das Augas Brancas
mañá domingo de alba
pordeus amigo que vaias!

E catarémolas augas.

Ó bosque do corzo esguízaro
mañá de alba en domingo
pordeus que vaias amigo!

E catarémolas augas
que nacen ó pe da pena
e iremos á Lucenza
a amolegala campa. 1954

Pena das Augas Brancas