Pedrafita

Pedrafita do Cebreiro é unha vila e capital do concello homónimo, situada no sureste da provincia de Lugo, limitando con León, a 1098 metros de altitude. É a capital de concello a máis altitude de Galicia. Esta vila atópase nun enclave lindante ao sur coa Serra do Courel e ao norte coa dos Ancares. É famoso por ser lugar de paso e punto de entrada en Galicia dende a Meseta. É moi coñecida tamén a súa feira de gando, que se celebra os días 3 e 21 de cada mes.



POLO Real de Parada
por Savane e por Piñeira
Pontalor e Fondestela
cara Pacios de Lousada
o solar da miña mai.
Polas rotas do meu pai
i a miña irmá cabaleira.
Coma se fora candi-el
como se fora candi-ela
a Pedrafita á feira.
Por Grandalonga e Liñares
deixando a do Courel
pola vista dos Ancares.

Pedrafita