Pedra

A Pedra ou Alto da Pedra é un promontorio próximo ao Monte da Escrita, na Serra do Courel, que separa o Val do Río Pequeno (afluente do Lor) do Val do Río Lóuzara (tamén afluente do Lor). Separa tamén os concellos de Folgoso do Courel e Samos, ambos na provincia de Lugo. A súa altitude é de 1100 metros.

ENCONTRAR no Cebreiro a atrancada:
neve folga no tourón basada.
De polvoriña e xistra rexeitado
á Faba i a Lagúa a arrecadadas.
Esbarar ó Valcarcel en irado
a favor das barras aguzadas.
Repetidas súpetas petadas
entre piornos tornos xestas
hastra o val das augas batanadas.

Das Ferrerías á Veiga i Ambasmestas.
Volver por Vilafranca á empinada
por Corullón e Oencia /por Vilarrubín
a Ferramulín /pasadas Vilarrubín
Ferramulín Horreos pechado /
Hastra a Boca do Couto i a Parada.

Por Savane á Pedra nova remontada
cruzando o Courel de lado a lado.
E por Lóuzara /Padrocelos de Martín
trovador / Hastra Samos. Retomado
o Camiño tra-la corta rodeada.

Pedra


POR Parada de Moreda
Seoane da Ferrerías
Meiraos de Santa María
/ o que do seu adro queda /
pola Pedra traspoñía
/ cabalo ó paso que vamos /
por Padrocelos a Samos
e Sarria nun sólo día.

Pedra

DE cara a Triacastela
polo cimeiro vial
por Liñares i o Hospital.
E se a terra tremela
derregar para Louzarela.

E por Gondriz a Parada
por Padrocelos i a Pedra
rubir e ver como medra
ver do cimo a rodeada.

Pedra