Parque

O parque de Rosalía de Castro de Lugo está encadrado nun espazo verde entre a Avenida Doutor García Portela, a rúa Xornalistas Puro Cora, a rúa Pascual Veiga e o Paseo da Vila de Foz. O parque esténdese cara á zona baixa, limitando coa Ronda da República da Arxentina. Malia estar situado extramuros co casco vello, o parque ten un carácter céntrico. As primeiras construcións do parque datan dos anos 1909-1912, e a zona verde fora creada no ano 1925 co nome de Afonso XII. Na actualidade mantén o aire de boa acomodación urbanística que xunto ás vistas panorámicas son algúns dos seus principais atractivos. na actualidade conta con algúns elementos singulares: o pendello, a pérgola e un mapa do Península Ibérica en relevo ao que Novoneyra chamaba o ‘Mapa d-auga’ e o Estanque dos Ciños.

ANDAR a Muralla i a Praza Maior
cimo ó fondo do fondo ó cimo. Escoitar
nos ollos o oculto rumor
de tapados desmandes.
Ir a Catedral:
O Grialcontino! O labrado Coro!
E ver rezardiante dos Ollos Grandes.
E se hai tempo e fai bon
e se acai a estación
-bourear de estorniños-
o Mapa d-Auga o Estanque dos Ciños
o loro o pavo real do Parque modernista
e a vista dende o Mirador:
o río o val i a ponte o gris-Grandíono último monte.

Parque