Praducelo é unha aldea da parroquia de San Xoán de Lóuzara, situada arredor dos 948 m. sobre o nivel do mar, pertencente ao concello de Samos, provincia de Lugo.Aldea con unha interesante arquitectura tradicional, que era coñecida en tempos por estar abertas ata sete tabernas e ser punto de reunión os días 17 de cada mes. Ten unha capela dedicada a San Antón e no camiño que baixa desde a mesma cara as casas hai polo menos tres fontes lavadoiro.
Padrocelos

POR Parada de Moreda
Seoane da Ferrerías
Meiraos de Santa María
/ o que do seu adro queda /
pola Pedra traspoñía
/ cabalo ó paso que vamos /
por Padrocelos a Samos
e Sarria nun sólo día.
DE cara a Triacastela
polo cimeiro vial
por Liñares i o Hospital.
E se a terra tremela
derregar para Louzarela.
E por Gondriz a Parada
por Padrocelos i a Pedra
rubir e ver como medra
ver do cimo a rodeada.