San Lourenzo de Pacios é un concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares.Na parroquia do mesmo nome encóntrase a casa señorial de Pacios. A Fundación Novoneyra posúe unha copia do sub-fondo Neira e Pol, que comprende a documentación acumulada pola Casa de Pacios de Lousada entre principios do século XVI e o século XIX. A esta familia pertencía Uxío Novoneyra, por liña da súa nai, se ben a herdanza do pazo se transmitiu ao varón, Eugenio Neira Bello, pai do último propietario, Manuel Neira Pol, e primo-irmán moi querido do poeta. Á morte deste, no ano 2014, os fondos de arquivos pasaron a formar parte do Arquivo da Fundación’.
Pacios
COMO extraviado
no confín dunha edade
vai Xan de Leizán
de casa en casa grande
de Lóuzara á Parada
e Pacios por Savane
vai ó San Lourenzo
e San Romao de antes.