Oencia

Oencia é un municipio e localidade de España, na comarca de El Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León. É un dos municipios leoneses nos que se fala galego.Destaca o entorno do río Selmo, un río caudaloso e cunha gran forza nas súas augas, feito que motivou que antigamente as súas augas fosen empregadas para o traballo das ferrerías. Situado entre a Peña do Seo e a Serra da Enciña da Lastra, ofrece unha fermosa paisaxe natural con bosques de bidueiras, faias, carballos e castiñeiros, asi como unha fauna na que poden encontrarse lobos, zorros, lontras, teixugos ou corzos.

ENCONTRAR no Cebreiro a atrancada:
neve folga no tourón basada.
De polvoriña e xistra rexeitado
á Faba i a Lagúa a arrecadadas.
Esbarar ó Valcarcel en irado
a favor das barras aguzadas.
Repetidas súpetas petadas
entre piornos tornos xestas
hastra o val das augas batanadas.

Das Ferrerías á Veiga i Ambasmestas.
Volver por Vilafranca á empinada
por Corullón e Oencia /por Vilarrubín
a Ferramulín /pasadas Vilarrubín
Ferramulín Horreos pechado /
Hastra a Boca do Couto i a Parada.

Por Savane á Pedra nova remontada
cruzando o Courel de lado a lado.
E por Lóuzara /Padrocelos de Martín
trovador / Hastra Samos. Retomado
o Camiño tra-la corta rodeada.

Oencia