San Xurxo do Cadramón é unha parroquia do concello do Valadouro, na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 197 habitantes, deles 94 eran homes e 103 eran mulleres. É famosa a súa capela de Santa Filomena, do século IX, e os Círculos das Pedragosas, dous círculos concéntricos de pedras amoreadas, non chantadas, cubertos de brañas, aínda que perfectamente visíbeis.
O Cuadramón
VINDO do Santiago de Compostela
pro Courel proseguir o tempo de Ero
e Manuel para Lugo co pantalón faldón
que veu tralo de boca de cadela.
Rodeando pola Coruña Betanzos Monfero
e Vilalba con Manuel /O Cuadramón!
Mar ó Norde/ por camiño de Oviedo
para ver a Álvaro mesmo en Mondoñedo.
Entre penedos por chousas
levounos á ara antiga
e dalí ó Santuario.
Sin oración nin rosariosin
bico de crucifixocada
un pida tres cousase
que en silencio llas diga.
E fixen o que nos dixo.
Na tumba do Conde Santo
a mao debaixo lle poño.
Canto pedín houben tanto
a pura forza de soño.
1955