Nogais

As Nogais é un municipio situado na parte oriental lucense, na Montaña, pertencente á comarca dos Ancares e lindante cos concellos de Becerreá, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Cervantes. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes. O Navia, que nace en Pedrafita do Cebreiro, atravesa As Nogais de sueste a noroeste e recolle a auga de, entre outros, o río de Valdeparada e o regato de Boullón.Os invernos son fríos e os veráns frescos, cunha temperatura media anual é de 9 °C e unha oscilación térmica de 13 °C.

E por Sampedro baixar
pola Pousada do Tordo
por Doncos pasado xordo
ás Nogais. Eilí parar.

A que unha pousa cabia.
Troita feita do Connavia
fritida sin máis avío
i o ío-ío do río.

Nogais