Muralla

A muralla romana de Lugo rodea ao casco histórico da cidade galega de Lugo na provincia do mesmo nome en España. A antiga cidade romana de Lucus Augusti, fundada por Paulo Fabio Máximo en nome do emperador Augusto no año 13 a. C. coa finalidade de anexionar, definitivamente, o noroeste da península ibérica ao Imperio romano foi dotada no Baixo Imperio dun muro de defensa que perdurou, con escasas reformas, ata a actualidade.A muralla, con unha lonxitude de 2266 metros, coroada por 85 poderosas torres, delimita o casco histórico da urbe galega e pasou de ser un obstáculo para a súa evolución e crecemento a ser un monumento integrado na estrutura urbana e fonte de riqueza turística.

PASADAS tódalas Francias
por Ocitania ou Gascuña
ou de París a Iruña
xa diluidas distancias.
A Aragón por Cataluña
ou polo Norte por Son.
En pasádalas Navarras
as cadeas e as barras.
Pasados León e Castela
por Castela a León.
En pasado Monte Irago
e xa na Lingua de Galicia
Ponferrada e Vilafranca
deixando a chaira estanca
enas mesmas portas dela.
O Valcarce e sin perguicia
/as penas de garamela/
apeitar para o Cebreiro
polo marcado carreiro
que a neve volve vago.
Encarar o porto incerto
o longo cerengo aberto.
A un lado i autro del
todo o horizonte en vela
os Ancares i o Courel.
Pasada Triacastela
do Iribio as faldras fago.
E por Samos Sarria a Lugo.
Oh Lugo a ti me adugo
e sólo por ti me arredo
que ben mereces desandes!
Ver a Ponte a antiga vía
a Muralla a Catedral
de Dona Santa María
o Coro e o Grial.
E ver fincadas rezar
coma co antigo medo
poñer a súa alma núa
didiante dos Ollos Grandes.
E despois de rodear
de rodear e de estar
que non se fai o camiño
sólo para rematar
cruza e debruza no Miño:
Portomarín sulo lago.
Palas Melide Arzúa
E logo xa Compostela
/Monxoi! Eoi! Ei Santiago /
e pararme á vista dela
mirar como eu o fago.

1993

Muralla

ANDAR a Muralla i a Praza Maior
cimo ó fondo do fondo ó cimo. Escoitar
nos ollos o oculto rumor
de tapados desmandes.
Ir a Catedral:
O Grialcontino! O labrado Coro!
E ver rezardiante dos Ollos Grandes.
E se hai tempo e fai bon
e se acai a estación
-bourear de estorniños-
o Mapa d-Auga o Estanque dos Ciños
o loro o pavo real do Parque modernista
e a vista dende o Mirador:
o río o val i a ponte o gris-Grandíono último monte.

Muralla