Moreda

Aldea situada entre 740 e 810 m. de altura, onde existen algunhas casas con unha característica decoración externa, con acabados e liñas en azul e morado, que non é moi común no Courel.Á entrada do pobo, a Xunta de Galicia instalou, un Aula de Interpretación da Natureza, desde onde parte o sendeiro que remontando o Rego da Rogueira chega á Devesa da Rogueira, Fonte do Cervo, Lagoa da Lucenza e Formigueiros.

NO Carbedo Dona Ildara
Dona Briosa na Seara
Lucenza campa cimeira
a Devesa da Rogueira
Mogoxe Torre Cabreira
entre a Cova da Gralleira
i a Fonte
de Ricamonte
Seoane da Ferrería
Meiraos de Santa María
i entre Vilela e Piñeira
a Toca
e a lousa que tapa a boca
das olas d-ouro
do mouro.
Moreda cazcalla solta
e nun rechao asentada
Parada
onde a terra dá a volta.

Moreda


POR Parada de Moreda
Seoane da Ferrerías
Meiraos de Santa María
/ o que do seu adro queda /
pola Pedra traspoñía
/ cabalo ó paso que vamos /
por Padrocelos a Samos
e Sarria nun sólo día.

Moreda

DE San Romao de Parada
ate o Cebreiro ofrecidos
os amantes en silencio
mirándose de contino.

Por Moreda ós Chaos de Outeiro
polo castelo rocheiro
su Mostaz a Pontalor
e por Pacios do Señor
por San Roque ó Cebreiro.

Por Campelo e Chan de Pena.

Polo Real de Parada

por onde baixaba a vena
para Savane. E por Piñeira
entre a Toca i a Louseira
cara Pacios por Lousada
Fondestela ou Valorqueira.

Moreda

Dendes de Pacios

POR Fontes e Grandalonga
ó Chao de Veiga de Forcas
a Fonlor e Fonteboa
por Rubiais a Zanfoga
Brañas e Fonteformosa.

Polos Arcos a Trabazas
a Sixto e Chan de Pena
a Sampedro e Riucereixa
e pararse na lembranza
do famoso Sinchaqueta.

Por Lousada a Noceda
por Santalla a Rabaceira
polo Seixo a Louzarela.

Moreda



DE Parada a Moreda
tan perto unha da outra.
Ésta na banda do sol
e aquela na da sombra.
Da Fonte do Carabel
ate a Fonte da Rosa.

Moreda