Monforte

Monforte de Lemos é unha cidade e municipio español situado no sur da provincia de Lugo, na Comunidade Autónoma de Galicia. É a capital da comarca da Terra de Lemos, da Ribeira Sacra e do partido xudicial que leva o seu nome.Viviu o seu maior esplendor durante os séculos XVI e XVII como capital do Condado de Lemos, un dos máis importantes e influentes de España.

ENCONTRAR o Cebreiro atrancado
e ciar pola neve derrotada.
Esbarar ó Valcarcel en irado
volver por Vilafranca a Ponferrada.
Valdiorres Petín Montefurado
Torrenovais Quiroga i a Labrada.
Barxa de Lor Brollón Monforte alzado
cercado pola propia mirada.
Bóveda Oural e Sarria. Retomado
o Camiño trala longa rodeada.

Valdiorres Petín Montefurado
Torrenovais Quiroga i a Labrada.
Barxa de Lor Monforte Tor Chantada.
Atrousar polo Faro neve xeada.

Rodeiro Lalín Silleda de tirada
e ter o Pico Sacro en de lado
despois da máis longa derivada.
Mirar todo branco alisado
hastra mesmo Santiago a nevarada.

Monforte

LUGO Madrid e Compostela
son cada unha a miña cidade
e Quiroga e Monforte a miña vila
i ésta máis sin afán de distinguila
polo grande corro de amistade.

Fernando de Tor Roberto Andrade
i aquel aquel aquel aquela
aquela aquela aquela aquel.
Levanto a copa por el
levanto a copa por ela
ate sacala porriba do tempo.

Monforte