Mondoñedo

Mondoñedo (do latín mindunietum, medieval) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.991 habitantes, cunha densidade de poboación de 28 hab./km². O seu xentilicio é «mindoniense». Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol. O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol reside alternativamente nunha e noutra cidade. É a vila natal de persoeiros como Álvaro Cunqueiro, Leiras Pulpeiro ou Noriega Varela.

VINDO do Santiago de Compostela
pro Courel proseguir o tempo de Ero
e Manuel para Lugo co pantalón faldón
que veu tralo de boca de cadela.

Rodeando pola Coruña Betanzos Monfero
e Vilalba con Manuel /O Cuadramón!
Mar ó Norde/ por camiño de Oviedo
para ver a Álvaro mesmo en Mondoñedo.

Entre penedos por chousas
levounos á ara antiga
e dalí ó Santuario.
Sin oración nin rosariosin
bico de crucifixocada
un pida tres cousase
que en silencio llas diga.

E fixen o que nos dixo.

Na tumba do Conde Santo
a mao debaixo lle poño.
Canto pedín houben tanto
a pura forza de soño.

1955

Mondoñedo