Marforte

A Costa da Morte ocupa o segmento noroeste do litoral galego, estendéndose ao longo de ducias de quilómetros, dentro dos límites da provincia de A Coruña. Nesta costa, encontraremos praias desertas, enseadas e acantilados. Os cabos, como o de Fisterra, Touriñán e Vilán, penetran nun océano bravío e de augas axitadas.Todo isto forma unha paisaxe inconfundible, sinal de identidade deste lugar. As súas aldeas convidan ao paseo tranquilo a a observar as labores dos homes e mulleres do mar. É unha terra de misterio, de lendas e mitos. A súa beleza paisaxística e o interese cultural convértena nunha zona única e de especial encanto para o/a visitante.