Manuel

Manuel María Fernández Teixeiro, máis coñecido como Manuel María, foi un poeta galego nado en Outeiro de Rei en 1929 e finado na Coruña no 2004. Destacou o seu carácter combativo e compromiso político.Coñeceu a Uxio Novoneyra durante a súa mocidade en Lugo, onde forxaron unha gran amizade que durou toda a vida.

VINDO do Santiago de Compostela
pro Courel proseguir o tempo de Ero
e Manuel para Lugo co pantalón faldón
que veu tralo de boca de cadela.

Rodeando pola Coruña Betanzos Monfero
e Vilalba con Manuel /O Cuadramón!
Mar ó Norde/ por camiño de Oviedo
para ver a Álvaro mesmo en Mondoñedo.

Entre penedos por chousas
levounos á ara antiga
e dalí ó Santuario.
Sin oración nin rosariosin
bico de crucifixocada
un pida tres cousase
que en silencio llas diga.

E fixen o que nos dixo.

Na tumba do Conde Santo
a mao debaixo lle poño.
Canto pedín houben tanto
a pura forza de soño.

1955

Manuel