Manuel de Neira

Manuel de Neira e Pol, ‘Manolo de Pacios’, ultimo señor e dono do Pazo de Pacios, situado no lugar de Pacios de Lousada no concello de Pedrafita do Cebreiro. Primo de Uxío Novoneyra, foi tamén vicepresidente fundador da Fundación Uxío Novoneyra. Avogado nos colexios de A Coruña e Lugo, recibiu deste último órgano a medalla de ouro por unha vida entregada á súa profesión, na que destaca a súa defensa a represaliados políticos durante a Ditadura e a Transición. Foi alcalde de Becerreá, deputado provincial por dita comarca e candidato a senador polo Partido Socialista Popular (PSP) nas primeiras eleccións democráticas.

E por Cruzul ó baixar
ó desdeixe de tornar
por onde antes se ía
/perta cincha ceibe cinto /
volta a volta tira vía
encontrar el encontrar o labirinto
que a defensa facía/Os Grobos/

Manuel de Neira cando era
alcalde desta alcaldía
antes de Pardo de Vera
il mesmo mo mostraría
cando consigo me leva
nas voltas que se traguía
como abogado da gleba.

Manuel de Neira