Madrid

Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. Uxío Novoneyra viviu en Madrid en varias tempadas entre as décadas de 1950 e 1960, onde estudou Filosofía e Letras e frecuentou o Café Gijón, lugar no que coñeceu a varios persoeiros das artes e das letras como José Jardiel, Pedro Tavera, Carlos Oroza ou Francisco Umbral.

LUGO Madrid e Compostela
son cada unha a miña cidade
e Quiroga e Monforte a miña vila
i ésta máis sin afán de distinguila
polo grande corro de amistade.

Fernando de Tor Roberto Andrade
i aquel aquel aquel aquela
aquela aquela aquela aquel.
Levanto a copa por el
levanto a copa por ela
ate sacala porriba do tempo.

Madrid