Lugo

Lugo é unha cidade e municipio de España, capital de dicho municipio e da comarca e provincia homónimas. Localízase ao noroeste do país, na comunidade autónoma de Galicia.A cidade, de orixe romano, foi fundada no ano 25 a. C. por Paulo Fabio Máximo e é a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, son testemuña dos seus primeiros anos de historia, especialmente a súa muralla romana, única no mundo, que conserva todo o seu perímetro, e que foi declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000. A pesar de que a súa provincia ten mar, é unha cidade interior que dista da costa 85 km.

PASADAS tódalas Francias
por Ocitania ou Gascuña
ou de París a Iruña
xa diluidas distancias.
A Aragón por Cataluña
ou polo Norte por Son.
En pasádalas Navarras
as cadeas e as barras.
Pasados León e Castela
por Castela a León.
En pasado Monte Irago
e xa na Lingua de Galicia
Ponferrada e Vilafranca
deixando a chaira estanca
enas mesmas portas dela.
O Valcarce e sin perguicia
/as penas de garamela/
apeitar para o Cebreiro
polo marcado carreiro
que a neve volve vago.
Encarar o porto incerto
o longo cerengo aberto.
A un lado i autro del
todo o horizonte en vela
os Ancares i o Courel.
Pasada Triacastela
do Iribio as faldras fago.
E por Samos Sarria a Lugo.
Oh Lugo a ti me adugo
e sólo por ti me arredo
que ben mereces desandes!
Ver a Ponte a antiga vía
a Muralla a Catedral
de Dona Santa María
o Coro e o Grial.
E ver fincadas rezar
coma co antigo medo
poñer a súa alma núa
didiante dos Ollos Grandes.
E despois de rodear
de rodear e de estar
que non se fai o camiño
sólo para rematar
cruza e debruza no Miño:
Portomarín sulo lago.
Palas Melide Arzúa
E logo xa Compostela
/Monxoi! Eoi! Ei Santiago /
e pararme á vista dela
mirar como eu o fago.

1993

Lugo

IR a Santiago de Compostela
non sin antes por Lugo pasar
ou sin logo por Lugo tornar.
Ir co-ela A Elba
e vela como era leve azafrán
entre laranxa e cera.

Lugo

PARA Lugo polo Norte
de contra o Cántabro forte…

Lugo

LUGO Madrid e Compostela
son cada unha a miña cidade
e Quiroga e Monforte a miña vila
i ésta máis sin afán de distinguila
polo grande corro de amistade.

Fernando de Tor Roberto Andrade
i aquel aquel aquel aquela
aquela aquela aquela aquel.
Levanto a copa por el
levanto a copa por ela
ate sacala porriba do tempo.

Lugo

DO Courel a Lugo. De Lugo ó Courel.
De Santiago a Lugo ¿ía ou volvía?
De Santiago a Lestrove e volta a el
pola veiga llana de Rosalía.

Lugo

VINDO do Santiago de Compostela
pro Courel proseguir o tempo de Ero
e Manuel para Lugo co pantalón faldón
que veu tralo de boca de cadela.

Rodeando pola Coruña Betanzos Monfero
e Vilalba con Manuel /O Cuadramón!
Mar ó Norde/ por camiño de Oviedo
para ver a Álvaro mesmo en Mondoñedo.

Entre penedos por chousas
levounos á ara antiga
e dalí ó Santuario.
Sin oración nin rosariosin
bico de crucifixocada
un pida tres cousase
que en silencio llas diga.

E fixen o que nos dixo.

Na tumba do Conde Santo
a mao debaixo lle poño.
Canto pedín houben tanto
a pura forza de soño.

1955

Lugo

AMORES de amos
amores dun sólo
amores leviáns
amores de tolo
amores pagáns
amores corteses
amor como amamos
galego-portugueses.

Lugo