Louzarela

San Xoán de Louzarela é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 68 habitantes (37 homes e 31 mulleres). No interior da igrexa parroquial de San Xoán de Louzarela consérvase unha talla do século XVI.

Dendes de Pacios

POR Fontes e Grandalonga
ó Chao de Veiga de Forcas
a Fonlor e Fonteboa
por Rubiais a Zanfoga
Brañas e Fonteformosa.

Polos Arcos a Trabazas
a Sixto e Chan de Pena
a Sampedro e Riucereixa
e pararse na lembranza
do famoso Sinchaqueta.

Por Lousada a Noceda
por Santalla a Rabaceira
polo Seixo a Louzarela.

Louzarela

DE cara a Triacastela
polo cimeiro vial
por Liñares i o Hospital.
E se a terra tremela
derregar para Louzarela.

E por Gondriz a Parada
por Padrocelos i a Pedra
rubir e ver como medra
ver do cimo a rodeada.

Louzarela