O Lóuzara, é un río da provincia de Lugo, en Galicia, afluente do río Lor e este a súa vez do río Sil.O río Lóuzara dá o seu nome ao Val de Lóuzara ou Terras de Lóuzara, no concello de Samos. Ten aproximadamente 29 km de lonxitude. No seu tramo inicial fai de límite entre os municipios de Folgoso do Courel e do de Samos para despois adentrarse neste último.
Louzara
ENCONTRAR no Cebreiro a atrancada:
neve folga no tourón basada.
De polvoriña e xistra rexeitado
á Faba i a Lagúa a arrecadadas.
Esbarar ó Valcarcel en irado
a favor das barras aguzadas.
Repetidas súpetas petadas
entre piornos tornos xestas
hastra o val das augas batanadas.
Das Ferrerías á Veiga i Ambasmestas.
Volver por Vilafranca á empinada
por Corullón e Oencia /por Vilarrubín
a Ferramulín /pasadas Vilarrubín
Ferramulín Horreos pechado /
Hastra a Boca do Couto i a Parada.
Por Savane á Pedra nova remontada
cruzando o Courel de lado a lado.
E por Lóuzara /Padrocelos de Martín
trovador / Hastra Samos. Retomado
o Camiño tra-la corta rodeada.
COMO extraviado
no confín dunha edade
vai Xan de Leizán
de casa en casa grande
de Lóuzara á Parada
e Pacios por Savane
vai ó San Lourenzo
e San Romao de antes.